Estás aquí:

Código: 18383

A luz co tempo dentro

16,50  IVE INCLUIDO
A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan.
A pulsión e revelación da existencia, por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos planos da ficción. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína. O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración, confesa: “O voluntario regreso ao ser da terra, a ese natural ritmo do tempo e das sazóns, significou acaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura. Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 48
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-838-9
Observacións:

AUTORES/AS

Rábade Paredes, Xesús
rabade

Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.

As súas obras

Memoria do corpo
memoria-do-corpo
11.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE