Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “in articulo mortis”, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo manifestaba converterse en lobo para cometer as mortes. Nese tempo mestúranse distintas vicisitudes, amoríos de vello con rapaza nova, pobre, viaxes e a aparición dunha vella curandeira que sabe moito de Romasanta.
O final de novela é unha entelequia de difícil solución que vén pecharse cun novo drama.
(Ourense, 1950). Licenciado en Dereito, foi comisario xefe de Policía en Madrid, Vigo e Ourense, xefe superior de Policía de Galicia e senador por Ourense. É académico correspondente da Real Academia Galega, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do Padroado da Fundación Otero Pedrayo e da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Entre os seus traballos ensaísticos detacan: De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense (1986), La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988), As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio (1998), Couto Mixto, unha república esquecida (2005). Como narrador publicou as novelas: As plumas do moucho (1999); O lume de Santo Antón (1997), Menino morreu (2003), O grito do Ipiranga (2010), Por que as sombras non teñen ollos (2015) e Non fales o que non debes (2020).