Estás aquí:

Código: 2488

Illote P, Barraca 16

22,70  IVE INCLUIDO

«Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte»

Tras a finalización da Guerra Civil española, miles de refuxiados tiveron que pasar polo purgatorio dos campos de concentración franceses.

En Illote P, Barraca 16, Santiago Rodríguez Salinas, un deses exiliados forzosos, achéganos á vida neses campos de concentración, onde a súa longa estadía lle permitiu coñecer e vivir intensa e extensamente os feitos que se narran, todos reais, e que amosa o grande espírito de acomodación e de improvisación dun pobo que soubo sobrepoñerse á traxedia e, con estoicismo, moitas veces heroico, resolver con inventiva e graza innatas, situacións difíciles, convertendo en cómico o que doutro xeito puido ser tráxico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 184
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria Histórica
Nº na colección: 3
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-747-4
Observacións:

AUTORES/AS

Rodríguez Salinas, Santiago
Santiago Rodríguez Salinas

(Madrid, 1917-Redondela, 1985). Estudou na Escola de Artes e Oficios de Madrid e ingresou na Fronte do Exército Popular, co que participou nas batallas de Teruel e do Ebro. Na primeira quincena de febreiro de 1939 pasou a Francia e entrou nos campos de concentración. Ao seu regreso a España foi ingresado nun campo de concentración en Reus, nun batallón disciplinario, e durante dous anos e medio estivo nos de Punta Carnero (Alxeciras) e Cerro Muriano (Córdoba), para logo realizar seis meses de servizo militar obrigatorio en Canarias.

Á súa finalización instalouse en Redondela coa súa nai, Antonia Rodríguez Salinas, profesora republicana que foi represaliada, e que coidou do seu compañeiro, Alberto Marín Alcalde, preso na illa de San Simón.

As súas obras

Illote P, Barraca 16
9788491517474
22.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria Histórica

De Galicia a Mauthausen
9788411760522
22.00€ CON IVE
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña
9788411761727
28.40€ CON IVE
Illote P, Barraca 16
9788491517474
22.70€ CON IVE
Os mestres mortos daquel verán
9788491519690
23.00€ CON IVE
Quen non ten un avó fascista?
9788491519416
23.00€ CON IVE
Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española
9788491516491
22.00€ CON IVE
Testemuño da Guerra Civil
9788491517634
26.50€ CON IVE
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés
9788491516149
27.55€ CON IVE