Estás aquí:

Código: 18681

De Galicia a Mauthausen

22,00  IVE INCLUIDO

Desde 1940, preto de 9.300 españois pasaron polas instalacións de Mauthausen e doutros campos de concentración do III Reich, deles, máis de douscentos eran galegos, dos que moitos non chegaron a ver a fin do conflito. Os superviventes principiaron unha nova e longa etapa no exilio que iniciaran tras o comezo da Guerra Civil, e que, no caso de moitos, non rematou tras a morte do ditador.

Este traballo de investigación histórica procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daqueles galegos que remataron nos campos de exterminio da Alemaña nazi, para que o seu doloroso transitar non quede no esquecemento, construíndo, ademais, unha base sólida para futuras investigacións, moi necesarias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 198
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 23/06/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria Histórica
Nº na colección: 8
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-052-2
Observacións: 3ª impresión de xaneiro de 2024

AUTORES/AS

Garrido Fernández, Alba
Alba Garrido Fernández

(Ourense, 1997) é graduada en Historia (2020), no Máster de Historia Contemporánea (2021) pola Universidade de Santiago de Compostela e no Máster Universitario en Educación Secundaria pola Universidade de Vigo, en Ourense (2022). As súas primeiras investigacións xiraron ao redor do exilio republicano e ás traxectorias e experiencias vitais dos galegos deportados a campos de concentración da Alemaña Nazi.

Doutoranda no Programa de Historia Contemporánea da USC, no grupo de investigación HISTAGRA, cunha tese sobre a resistencia ao golpe de Estado de 1936 en Galicia.

Colaborou no proxecto da Secretaría de Estado de Memoria Democrática: “Definición, cartografado e proposta de intervención sobre os lugares de memoria do Golpe de 1936, a ditadura franquista e a Resistencia”, dirixido polo membro de HISTAGRA Antonio Míguez Macho.

As súas obras

De Galicia a Mauthausen
9788411760522
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria Histórica

De Galicia a Mauthausen
9788411760522
22.00€ CON IVE
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña
9788411761727
28.40€ CON IVE
Illote P, Barraca 16
9788491517474
22.70€ CON IVE
Os mestres mortos daquel verán
9788491519690
23.00€ CON IVE
Quen non ten un avó fascista?
9788491519416
23.00€ CON IVE
Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española
9788491516491
22.00€ CON IVE
Testemuño da Guerra Civil
9788491517634
26.50€ CON IVE
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés
9788491516149
27.55€ CON IVE