Estás aquí:

Código: 1454

Harry Potter e a Cámara dos Segredos

16,65 € IVE INCLUIDO
A segunda entrega das aventuras de Harry Potter, nas que este e os seus amigos teñen que afrontar unha ameaza fatal que pon en perigo a Escola Hogwarts.
Harry Potter continúa as súas andanzas para deleite dos seus pequenos lectores e lectores en galego. Nesta segunda entrega, xa é meigo e vai comezar o seu segundo curso na escola de maxia e artes secretas. Para alí se dirixe… ¡nun coche voador! Porque están a acontecer cousas terribles que Harry e os seus amigos Ron e Hermione aínda non están preparados para afrontar: seica alguén abriu a Cámara dos Segredos, deixando escapar algúns monstros arrepiantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 288
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/11/2002
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Harry Potter
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-577-3
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Rowling, J. K.
JKR Children's Credit Debra Hurford Brown

J. K. ROWLING é autora da popular saga de libros de Harry Potter.

Despois de que a idea se lle ocorrese nunha viaxe en tren atrasado en 1990, axiña comezou a bosquexar e redactar a historia dos sete libros. O primeiro, Harry Potter e a pedra filosofal, sairía ao mercado no Reino Unido en 1997. Tras dez anos de traballo, en 2007 publicou Harry Potter e as reliquias da morte, o derradeiro libro da colección.

Para ampliar a serie, Rowling escribiu tres volumes complementarios: Quidditch Through the Ages, Fantastic Beasts and Where to Find Them e The Tales of Beedle the Bard, en apoio a Lumos, organización benéfica comprometida coa infancia que ela mesma fundou. Tamén contribuíu á creación da obra teatral Harry Potter and the Cursed Child, que foi publicada como guión.

Os seus libros infantís inclúen tamén os contos de fadas The Ickabog (2020) e The Christmas Pig (2021), que se converteron en best-sellers. Ademais é autora de novelas para público adulto, incluída a serie de novela negra Cormoran Strike, publicada baixo o pseudónimo de Robert Galbraith, que foi todo un éxito de vendas

J.K. Rowling recibiu numerosos premios pola súa obra escrita. Mediante a súa fundación benéfica Volant, apoia diversas causas humanitarias.

Para saber máis sobre a autora, visita www.jkrowlingstories.com

As súas obras

Harry Potter e a Cámara dos Segredos
camara
16.65€ CON IVE

COLECCIÓN

Harry Potter

Harry Potter e a Cámara dos Segredos
camara
16.65€ CON IVE
Harry Potter e a Orde do Fénix
harry
24.85€ CON IVE
Harry Potter e a pedra filosofal
pedra
Harry Potter e as reliquias da morte
harry
27.15€ CON IVE
Harry Potter e o Cáliz de fogo
Harry Cáliz de fogo
23.65€ CON IVE
Harry Potter e o misterio do príncipe
misterio
24.55€ CON IVE
Harry Potter e o preso de Azkaban
harry potter e o preso de azkaban
19.00€ CON IVE