Estás aquí:

Código: 1985

Epistolario

22,95  IVE INCLUIDO
Neste volume reúnese un conxunto epistolar de preto de medio centenar de textos, conxunto que abrangue un arco temporal que vai dende os días da Segunda República, concretamente dende a primavera e 1936 ata 1989, poucos meses antes do pasamento do poeta Xosé María Díaz Castro. A edición correu a cargo do crítico e profesor Armando Requeixo, quen xa se encargara antes da edición da obra completa e mais da biografía do poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2014.
Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas que enviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitas cuestións literarias poden ter —e habitualmente teñen— a súa pertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro non é nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra: exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor de Nimbos participou como emisor ou como receptor.
Este Epistolario compila todas as cartas de interese literario cruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo de varias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodios decisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para o mellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lectura destas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento como correspondente da Real Academia Galega ou a súa participación en acontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textos fornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obra literaria do escritor e a relación mantida con outros autores do seu tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 240
Deseño: rústica con lapelas
Data Publicación: 25/11/2014
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-575-9
Observacións:

AUTORES/AS

Díaz Castro, Xosé María
diaz castro

Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo, 1990) é un dos poetas fundamentais da literatura galega de posguerra. A súa obra poética deuse a coñecer amplamente logo de ser incluída na Escolma de poesía galega de Francisco Fernández del Riego, publicada por Editorial Galaxia en 1955.

As súas obras

Nimbos
nimbos
esgotado

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE