Estás aquí:

Código: 18798

En camiño

18,90  IVE INCLUIDO

Banda deseñada

Emma, unha debuxante de cómics na trintena, acaba de romper coa súa parella e, guiada por un impulso, preséntase en Roncesvalles coa mirada fixa en Santiago de Compostela.
Co paso dos días —e acompañada dalgunha que outra bocha inesperada—, irá decatándose de que o camiño que percorre achégaa e afástaa de todos os que a rodean, que o peso da mochila non só o enchen os vinte quilos de roupa e as dúas tixolas que leva, e que o que cría que sería simplemente poñerse a andar e botar quilómetros ao lombo, converterase en toda unha aprendizaxe, non só pola xente que cruzará no traxecto, senón por todo o que descubrirá sobre ela mesma.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/10/2023
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Novla Gráfica
Nº na colección: 9
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-161-1
Observacións:

AUTORES/AS

Hernández, Paco
Paco Hernández

(Lleida, 1977) é doutor en Márketing e Comunicación Audiovisual e compatibiliza o seu traballo na Universidade de Lleida coa súa verdadeira paixón, ser guionista 

e divulgador de cómics, medio en que debutou
en 2011 con El arca de las historietas. Tras Rosa y Javier (2013), en 2014 ven a luz The Cartoonist, con ilustracións de Daniel Cardiel, e o seu traballo como autor completo, o popular cómic promocional De profesión, librera. 

En 2001 realizou o Camiño de Santiago por primeira vez, e o que comezou case por casualidade, resultou ser unha das mellores experiencia da súa vida. 

En camiño é a súa terceira novela gráfica e a súa segunda colaboración con José Ángel Ares.

As súas obras

En camiño
9788411761611
18.90€ CON IVE
Ares, José Ángel
José Ángel Ares

(Bilbao, 1979), debuxante, desde 2011 ilustra os libros infantís As aventuras do Apalpador e compaxina o seu traballo en cómic co de storyboard de cine (El desconocido, La sombra de la ley, Quien a hierro mata, Live is Life e Proyecto Emperador) e televisión (La unidad).

En 2013 ilustrou a súa primeira novela gráfica, Rosa y Javier, en tándem con Paco Hernández, á que lle seguirían Bitcoin: LCDSN, Independencia? e as dúas aventuras de El rey de la carretera, con guión de Josep Busquet. 

Actualmente reside en Santiago de Compostela, unha casualidade providencial do destino, aínda que confesa que camiña menos do que debería, 

e que se perde máis do normal.

As súas obras

En camiño
9788411761611
18.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Novla Gráfica

En camiño
9788411761611
18.90€ CON IVE
Memorias dun neno labrego (Novela Gráfica)
9788411761765
20.75€ CON IVE