(Bilbao, 1979), debuxante, desde 2011 ilustra os libros infantís As aventuras do Apalpador e compaxina o seu traballo en cómic co de storyboard de cine (El desconocido, La sombra de la ley, Quien a hierro mata, Live is Life e Proyecto Emperador) e televisión (La unidad).
En 2013 ilustrou a súa primeira novela gráfica, Rosa y Javier, en tándem con Paco Hernández, á que lle seguirían Bitcoin: LCDSN, Independencia? e as dúas aventuras de El rey de la carretera, con guión de Josep Busquet.
Actualmente reside en Santiago de Compostela, unha casualidade providencial do destino, aínda que confesa que camiña menos do que debería,
e que se perde máis do normal.