27,50€

Non dispoñible

Diccionario latín-galego

José Carracedo Fraga

Un dicionario básico para a tradución do latín ao galego.

Con este primeiro diccionario latín-galego que se publica conséguese ampliar a lista de ferramentas tan necesarias para unha verdadeira normalización da nosa situación cultural e lingüística. Trátase, neste caso, dun dicionario básico pero completo que aspira a ser un instrumento útil tanto para principiantes de estudos secundarios como para estudantes de latín da universidade. Inclúese un léxico latino dabondo completo das etapas clásica, preclásica e posclásica e mesmo do latín chamado dos cristiáns. Ademais, aparecen nomes propios e danse os significados ou equivalencias de cada palabra latina da maneira máis completa posible, aclarándoos a través de varios sinónimos e numerosos exemplos. O dicionario complétase cun apéndice morfolóxico de moita utilidade práctica.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 380
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 145 x 218
  • Data Publicación : 1999-12-01
  • Colección : Dicionarios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-318-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Carracedo Fraga, José
Profesor de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela é autor de distintas publicacións que versan sobre a grámatica, a literatura e a sintaxe clásicas.

É autor do Diccionario bilingüe Latín-Galego / Galego-Latín e tamén editor de distintas traducións ao galego de obras clásicas como Carmina Burana. Poemas de amor editado no ano 2005.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR