Estás aquí:

Código: 19133

Cantigueiro de Compostela

17,50  IVE INCLUIDO

Mediante un QR pódese acceder aos enlaces web que para poder escoitar estas cantigas, albergadas no arquivo dixital do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do
Pobo Galego.

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura —con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas.

Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco.

Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo.

Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral.

Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 15/05/2025
Dimensións 115 x 160 mm.
Colección: Libros singulares e fóra de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-412-4
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria
foto
esgotado

COLECCIÓN

Libros singulares e fóra de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
9788482885889
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
5.00€ CON IVE
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE