Estás aquí:

Código: 18815

Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón

25,60  IVE INCLUIDO

É esta "unha odisea", unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns, catro cativos de unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878.
É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimiento e éxito comercial, honesto e solidario, recoñecido polo mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13 anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires. Seguiríano os outros catro.
Foi Avelino Cabezas un empresario innovador, imaxinativa, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no mundo da publicidade, con escintilante éxito comercial entre o remate do século XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seur irmáns, que seguiron a súa senda ata 1936. Do seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, El Paraíso, na Córdoba arxentina, a outra, Libunca, en Narón.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 322
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 30/11/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 50
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-164-2
Observacións:

AUTORES/AS

Seoane, Antón
Foto Antón Seoane

Nace no Ferrol no 1949. Remata Mediciña no 1972. Fixo a especialidade de Psiquiatria, que aínda exerze. Foi membro do "Circulo Lacaniano" de Vigo.
Neto de Antonio Seoane, director entre 1900 e 1920 de "Airiños da Terra", agrupación musical ferrolá, da que nacería "Toxos e Froles", empezou a interesarse pola música aos nove anos, primeiro piano, despois guitarra. Entre 1973 e 1978, xunto a outros compañeiros, crea o MPCG:Movimento Popular da Canción Galega, alternativa de corte nacionalista as Voces Ceibes; nese periodo colabora en multiples proxectos con Rodrigo Romaní, Emilio Cao, Pilocha, Faiscas do Xiabre, está na creación do grupo Roi Xordo xunto a Xico de Carinho, se compromete de maneira decisiva coa recuperacion da Zanfona, conseguindo a súa recreación xunto o artesán Guillermo Alvarez, participa na gravacion do disco de Emilio Cao "Fonte do Araño", grava xunto a R.Romaní e Pepe Ferreirós o disco "Milladoiro", grava xunto a R.Romaní e Faiscas do Xiabre, o disco "In Memoriam", etc, ata que en outono de 1978 sería un dos membros fundadores do grupo Milladoiro, grupo no que estivo ininterrumpidamente ata febreiro de 2013.
Ademais da súa producción como membro de Milladoiro fixo outras de caracter independente: Creación do disco "Calamidá Sentimental" coa voz de Pilocha, sobre poemas de autoras galegas. Co productor musical xunto a Nando Casal do disco de Leilia "I é verdade i é mentira", creación do tema central "Foi coma un soño", para a pelicula "O lapis de carpinteiro" dirixida por Antón Reixa, participación no disco "Escarnio" do mesmo autor, creación do disco "Lambón", coa participación de Pilocha, Laura Amado, "Maestro Reverendo" e "Daquidarria", disco con cancións para cativos, creación do disco "A volta dos nove",coa voz de Pilocha e Anxo Angueira, e que acompañaba o libro homenaxe aos nove asesinados en Baiona polos falanxistas ao comenzo do golpe de estado do 36.
Outras produccions "atipicas": coautor do libro "Conxo manicomio e morte", coordinador do disco "Antoloxia Completa de Faustino Santalices", editado por Boa, autor da primeira Biografia de Faustino Santalices, editada por Ir Indo.

As súas obras

De voces ceibes a Milladoiro
De voces ceibes a Milladoiro
30.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
24.45€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
24.45€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
23.55€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.65€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
22.50€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
29.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
18.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
21.20€ CON IVE