PREMIO "ALBERTE QUIÑOI" DE ÁLBUM ILUSTRADO, 2022
Seleccionado no Catálogo de Literatura Infantil y Juvenil OEPLI 2022
Chovía a cachón, e as nubes eran tan negras que non deixaban pasar o sol. Ía un frío que metía medo, e a avoa Manola estaba cansa de estar coas galiñas e de sachar nos regos.
Só quería unha boa cea de filloas, mais as visitas non paraban de chamar á porta para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo.
Será quen de gozar das súas filloas preparadas a carón do lume?
Nada en 1991 nunha pequena aldea de Touro.
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai
As súas primeiras publicacións chegaron no 2017 con Manuela e A maxia de mamá, e dende entón xa van máis de 30 títulos en galego, castelán, inglés, polaco e chinés, e moitas historias máis, aínda por contar.
Nado en Buenos Aires, Argentina. Comezou a escribir sendo meniño, acadando recoñecemento no seu colexio de primaria. Gañador do concurso de relato de IES Rosalía de Castro no curso 2004/2005 e, nese mesmo curso, 4to lugar no concurso «Entre Nós en Galego» .
De formación Psicólogo, pola Universidade de Santiago, combina a súa profesión coa escritura.
A fináis de 2017 publicou Manuela coa Editorial Bolanda.