Palmira G. Boullosa ofrécenos trinta e un poemas para arrolar, textos que son cancións, historias, coplas para durmir os cativos e as cativas da casa. Para que teñan soños felices. Para alimentar as súas fantasías. Para escorrentar os seus medos. Versos, tamén, cheos de música que xogan coa onomatopea.
Detalles do libro
Paxinas: 40
Deseño: Rústica
Data Publicación: 16/06/2008
Dimensións 15,5 x 19 cm. mm.
Colección: Tartaruga
Nº na Colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-100-3
Observacións:
Eventos relacionados con este libro
AUTORES/AS
G. Boullosa , Palmira
Palmira González Boullosa (Vigo, 1941-2017) foi mestra e directora do Colexio Andersen de Vigo durante 18 anos. É especialista en literatura de tradición oral, sobre todo na recuperación do folclore infantil.