Ler para xogar. Fedellar pensamentos para atopar solucións. A quen non lle gusta gozar das palabras que parece que significan outra cousa e que nos levan por moitos camiños? E se ademais, riman, xa é perfecto. Porque unha adiviña é unha porta aberta á felicidade da descuberta. A autora ofrécenos vinte e oito adiviñas co recendo fermoso da literatura popular, moi sinxelas e breves pero, sobre todo, moi suxestivas e gozosas.
Detalles do libro
Paxinas: 36
Deseño: Rústica
Data Publicación: 16/06/2008
Dimensións 15,5 x 19 cm. mm.
Colección: Tartaruga
Nº na Colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-099-0
Observacións: ESGOTADO
AUTORES/AS
G. Boullosa , Palmira
Palmira González Boullosa (Vigo, 1941-2017) foi mestra e directora do Colexio Andersen de Vigo durante 18 anos. É especialista en literatura de tradición oral, sobre todo na recuperación do folclore infantil.