17,50€

mercar

Antoloxía do conto popular galego

Henrique Harguindey

Maruxa Barrio

Unha selección dos mellores contos creados pola cultura popular galega.

Contos de animais, contos realistas e de burla e contos de tema marabilloso fan que este libro sexa unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo. Fala a literatura coinciden e son manifestación dun pobo que se conta a si mesmo, que se retrata con humor, que se achega ao mundo coa sabedoría cultivada e transmitida de xeración en xeración.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2008-03-26
  • Colección : Antoloxías
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-931-3
  • Edición : 7

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

As filloas de ManolaR. J. PeraltaBlanca Millán
CornucopiaRaúl M. Santos

Harguindey, Henrique
(Lugo, 1946). Catedrático de Francés de Ensino Medio. Tradutor ao galego de O poema do país que ten fame (1978), Ubú Rei (1989), A farsa do abogado , (1983) ou Gargantúa e Pantagruel (1991).

Ademais recolleu textos da nosa literatura popular en diversas publicacións: Textos para o ensino do galego , Lerias e enredos para os máis pequenos (1983), e Contos populares (1983), esta ultima reeditada parcialmente en Antoloxía do conto popular galego, (1994).

Barrio, Maruxa
Xunto con Henrique Harguindey, realizou unha intensa laboura a prol da recuperación da nosa literatura popular, o que se reflicte nas obras Lerias e enredos para os máis pequenos e Contos populares de 1983, que se reeditaría en 1994 co título Antoloxía do conto popular galego.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR