Estás aquí:

Código: 2292

A noite do moucho

14,70  IVE INCLUIDO
Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.
Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle.

Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.

Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 120
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/11/2009
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Biblioteca Rei Ballesteros
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-240-6
Observacións:

AUTORES/AS

Rei Ballesteros, Anxo A.
Anxo-Rei-Ballesteros

Anxo Rei Ballesteros (Codeso, Boqueixón, 1952-Vigo, 2008) é un dos autores que máis influíron na evolución da narrativa galega contemporánea. A súa obra, iniciada coa novela Dos anxos e dos mortos (1977) e continuada con Loaira (1992), é, segundo o crítico Xoán González Millán “un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega”. Xunto coa obra de teatro Xogos de damas (1988) e o ensaio A outra memoria (1989) tamén é autor do libro de relatos A sombra dos teus soños (1998). No ano 2002 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de ensaio con Tempo e vinganza e, no 2007 xunto con Carlos Fernández, o Premio Ánxel Fole polo ensaio Urda e mundo.

As súas obras

Tempo e vinganza
tempo de vinganza
23.25€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Rei Ballesteros

A noite do moucho
noite
14.70€ CON IVE
A sombra dos teus soños
sombra
16.60€ CON IVE
Dezanove badaladas
dezanove-badaladas
19.50€ CON IVE
A dificultade de falar. Artigos e ensaios
9788491515852
20.30€ CON IVE