Estás aquí:

Código: 2147

Carlos Casares un contador de historias. Vida e obra

11,90  IVE INCLUIDO
Unha biografía concisa e ben documentada do escritor Carlos Casares
Biografía do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 190 mm.
Colección: Letras galegas
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-039-0
Observacións:

AUTORES/AS

Monteagudo, Henrique
Henrique Monteagudo

(Esteiro, Muros, 1959). Doutor e catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega, é académico numerario e vicesecretario da Real Academia Galega. Foi coordinador da Sección de Lingua e secretario do Consello da Cultura Galega. Dirixe Grial. Revista Galega de Cultura.

O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da historia do idioma galego, os estudos sociolingüísticos, e a edición de textos galegos de todas as épocas. Desde a súa tese de doutoramento vén dedicando continuada atención á historiografía das ideas lingüísticas. É autor, entre outras obras, de Historia social da lingua galega (Galaxia, 1999; 3º edición de 2024), Castelao. Defensa e ilustración do idioma galego (Galaxia, 2000), Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia do galego escrito e os primordios da lírica trobadoresca (2008), As razóns do galego. Apelo á cidadanía (Galaxia, 2009), Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística (2012) e O idioma galego baixo o franquismo (Galaxia, 2021).

As súas obras

Carlos Casares un contador de historias. Vida e obra
carlos-casares-un-contador-de-historias
11.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE