Presentouse TES ATA AS 10 en Santiago

Categoría: Nova

Onte a librería Cronopios encheuse para a presentación do novo libro de Francisco Castro, a novela TES ATA AS 10.
A encargada da presentación foi a crítica literaria Montse Pena Presas quen debullou as claves da novela ao tempo que relacionou "esta novela de amor e de amores" no conxunto da obra de Castro. Salientou tamén a importancia da compoñente da intriga na construcción dunha obra "que se le de principio a final".
No noso blogue deixamos crónica fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email