Presentouse a fotobiografía dedicada a Xaime Isla

Categoría: Nova

Onte, coa presenza de Xosé Luis Pastoriza, editor responsable da fotobiografía de Xaime Isla que acabamos de editar, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de Xosé Soutullo, director de produción de Galaxia, presentouse o libro”Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” e mais do número da revista Grial. Revista Galega de Cultura, 207 dedicado a Isla Couto, no marco do Simposio Internacional Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia.
O primeiro dos volumes –editado por Galaxia coa colaboración da Xunta de Galicia– desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa de quen foi o grande impulsor da coñecida como Xeración Galaxia, amais de ofrecer como novidade unha presentación ampla da súa vida.
O segundo, achega unha serie de contribucións e estudos para comprender a grandeza da súa vida e obra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email