Presentouse 'O soldadiño de chumbo' na Coruña

Categoría: Nova

Onte, e coincidindo coa apertura do Centro Ágora, unha enorme e fermosísima bibioteca na Coruña, Virginia Curiá, unha das directoras da curta que acompaña o libro 'O soldadiño de chumbo' e o editor do libro, o escritor Francisco Castro, presentaron esta obra, así como a súa aplicación para iPad e iPhone diante dunha sala ateigada de cativos e de familias que quixeron aproveitar a xornada de portas abertas do Centro Ágora.
En total, máis de 10.200 metros cadrados dedicados á cultura e aos libros.
No acto de onte, no que participou Editorial Galaxia, houbo música en directo, talleres para os máis pequenos, xogos infantís, clases de baile, exhibicións de cabaré… para rematar a festa cun concerto de Cristina Rosenvinge.
(A foto é a que usa o xornal La Voz de Galicia para dar conta da festiva xornada de onte)

Comparte nas túas redes sociais ou por email