Presentación na Coruña do Fontán, de Marcos Calveiro, na Coruña

Categoría: Nova

O escritor Marcos Calveiro presentou a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este xoves día 4 ás 20h15 na librería Suevia da Coruña, acompañado polo membro da Asociación Astronómica Coruñesa Ío, Martin Pawley, e máis polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Trátase da vida novelada de Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. Apaixoante peripecia vital dun liberal galego que loitou polo espallamento das ideas da Ilustración nun tempo convulso —a primeira metade do século XIX— no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime. Co dominio dos recursos narrativos e mediante o emprego ben dosificado da imaxinación para a recreación da infancia do protagonista, Calveiro consegue apreixar a vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico con ansias de progreso.

No blog tedes unha galería con fotos do evento

Comparte nas túas redes sociais ou por email