Presentación en A Coruña da Antoloxía e da Biografía Manuel María

Categoría: Nova

Darío Xoán Cabana, Mercedes Queixas e Víctor F. Freixanes presentarán os libros, 'Manuel María. Antoloxía poética' e 'Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María'.
Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos representativos da súa xenerosa produción.
Mercedes Queixas, autora do interesante libro de conversas con Maria do Carme Krukenberg ("Vivir, Unha aventura irrepetibel". Galaxia, 2011) ofrécenos a biografía do poeta, que el mesmo se definiu en vida coma un poeta labrego.
En A Coruña as lectoras e lectores terán ocasión de partillar con esta autora e autor que tanto e tan ben coñecen a obra do autor chairego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email