Presentación do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en Santiago

Categoría: Nova

Luis G. Soto presenta o vindeiro xoves día 29 ás 19h, na Facultade de Filosofía da USC, o libro que o fixo merecedor do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2014, Barthes Filósofo (Ed. Galaxia). Acompañarano o editor Víctor F. Freixanes, a profesora da facultade de filosofía Uxía Rivas Monrroy; Amalia Baltar e Manuel Fernández Pellicer, en representación de Gas Natural-Fenosa; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Roberto J. López López, vice-reitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Oscar Horta, vice-decano da Facultade de Filosofía.
No libro, o autor ofrécenos unha reinterpretación desde Galicia da obra de Barthes, que García Soto explora desde un sentido filosófico. O xurado estivo integrado por Luís Alonso Girgado, Patricia Arias Chachero, Antón Figueroa, Olivia Rodríguez González e Carlos Lema, e acordou conceder o galardón por maioría. Luis García Soto é profesor de Filosofía Moral na Universidade de Santiago de Compostela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email