Presentación do novo libro de María Solar en Pontevedra

Categoría: Nova

O salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra será o marco elixido para a presentación do Premio Lazarillo 2014 de literatura infantil que este ano recibiu a obra O MEU PESADELO FAVORITO de María Solar. O acto celebrarase ás 19.30 horas no marco do Salón do Libro de Pontevedra. A autora estará acompañada pola investigadora Malores Villanueva e polo escritor e editor Francisco Castro.
Conta a historia dun neno con febre que durante a súa convalecencia, nun puro delirio febril, recibe a visita de personaxes estraños, máxicos e divertidos.
A autora, xornalista da Televisión de Galicia, recibiu o premio Lazarillo 2014, o máis antigo da literatura española xuvenil e infantil e que gañaron antes escritoras como Gloria Fuertes ou Ana María Matute.
'O meu pesadelo favorito' é o conto dun neno que delira e soña durante un proceso febril mentres seu pais lle dan antitérmicos para baixarlle a temperatura. En cada capítulo, con cada desvarío do pequeno, aparecen personaxes máxicos que fan deste conto un libro divertido que, estamos certos, vai gañar o favor de moitas lectoras e lectores de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email