Presentación do novo libro de Iván García Campos na Feira do Libro da Coruña

Categoría: Nova

O escritor Iván García Campos presentará mañá venres na Feira do Libro da Coruña, ás 20.30 h. o seu novo libro 'Cuestións vitais secretas'. O autor estará acompañado polo escritor e xornalista Camilo Franco e polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes.
Nestes relatos, Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do que nunca se conta, para asediar o destino que os segredos marcan. Velaí a razón de que as cousas que permanecen sen ver a luz exerzan tanta atracción, o motivo polo que acaban subxugando a quen as experimenta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email