Presentación do novo libro de Benigno Campos en Vilagarcía

Categoría: Nova

Mañá xoves presentaremos en Vilagarcía o libro COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS na Librería Nobel. Todos os asistentes, ademais de poder partillar co famoso cociñeiro do programa da TVG, 'Larpeiros', poderán degustar un viño por cortesía da adega Martín Códax.
Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en Galicia en todos os tempos. Parte do éxito pode explicarse nas palabras de Xavier Castro, experto en cociña galega e autor do limiar do libro: ""A culinaria do larpeiro caracterízase polo emprego preferente de produtos galegos de calidade, frescos, do contorno próximo e de tempada. É unha cociña tradicional, democrática, pois emprega ingredientes accesibles e doados de encontrar, honesta, de espírito cordial, como era de agardar nun home cálido, simpático e próximo, que gusta da convivencia coa xente e das lerias desenfadadas despois de xantar".
O traballo fotográfico das receitas, fermoso e delicado, é obra do fotógrafo e músico Nando Iglesias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email