Presentación de “Tes cinco minutos #2”, en Vigo

Categoría: Nova

O 23 de abril, celebrarase, ás 12 h, a presentación de Tes 5 minutos #2, das alumnas e alumnos da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, na sala Rosalía da Sede de Vigo.
Participarán a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Contará coa actuación en directo de Leticia Rey.
Imprescindible confirmar asistencia no seguinte correo:
participa.cultura@depo.es
Tes cinco minutos #2 é un libro que recolle o traballo das escritoras e escritores que participaron na segunda edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia. Unha nova mostra de talento que deixa claro que hai canteira na literatura galega.
Nesta segunda edición, a calidade dos traballos, que aquí publicamos, segue a ser de gran nivel.

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia é a primeira de Galicia e un dos poucos proxectos deste tipo existentes no Estado español. A iniciativa, que naceu o pasado ano 2020, busca fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun variado abano de obradoiros , de novela, relato ou poesía, para todas as idades.

Comparte nas túas redes sociais ou por email