Presentación de LOURENÇO, XOGRAR na Coruña

Categoría: Nova

Hoxe xoves, o escritor Manuel Portas presentará a súa nova novela, 'Lourenço, Xograr' na librería Moito Conto da Coruña ás 20 h. acompañado da escritora Mercedes Queixas e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
A obra de Manuel Portas fíxose merecente do Premio de Novela Manuel García Barros 2015 e, no seu día, o xurado destacou "a contribución da novela á divulgación da historia e literatura medieval galegas a través dunha personaxe pouco coñecida, como é o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que se observan non só os conflitos políticos que determinaron o que hoxe é Galicia, senón que tamén as vidas entretecidas das distintas clases sociais da época".

Comparte nas túas redes sociais ou por email