Presentación de FONTÁN en Santiago

Categoría: Nova

Marcos Calveiro presenta a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este mércores día 27 ás 20h na Libraría Couceiro de Compostela, acompañado polo escritor Manuel Portas e máis polo director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Cando Marcos Calveiro gañou o premio entrevistámolo dende a nosa web e pedímoslle que nos resumise brevemente o libro. Estas foron as súas palabras: "A medida do Mundo, Galicia, a tenacidade, a honradez intelectual e idielóxica. Fontán e un galego esquecido polo gran público que precisamos reivindicar polo orgullo do noso país e da ciencia galega que sempre estivo en primeira liña.Un adiantado ao seu tempo".

Comparte nas túas redes sociais ou por email