Presentación de A VACA CANÍBAL en Santiago

Categoría: Nova

Este mércores, a escritora Marilar Aleixandre presenta o seu novo libro, "A vaca caníbal", publicado na colección Árbore de Galaxia. A autora estará acompañada polo profesor e académica Xesús Ferro Ruibal e o editor do libro, o tamén escritor Francisco Castro.

A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar historias e nós, oílas. E este libro permítenos isto e moito máis. Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vidas das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente ás outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email