Presentación de 'Maternosofía' de Inma López Silva en Santiago

Categoría: Nova

Hoxe martes 1 de abril, ás 20 horas, na librería Cronopios, a escritora Inma López Silva presentará o seu novo libro 'Meternosofía'. A autora estará acompañada por Malós Cabrera, autora do limiar e do escritor e editor Francisco Castro.
No acto de Santiago teremos a oportunidade de coñecer o novo traballo de Inma López Silva, un libro que nace da súa experiencia como nai, e que vai reflectindo a maneira de diario, as súas reflexións dende o instante mesmo en que coñece o seu estado de muller embarazada. Unha reflexión xa non só sobre a maternidade senón sobre o feito de escribir, o feminismo, a política e todos os mundos que preocupan a unha das autoras máis salientables do noso sistema literario.

Comparte nas túas redes sociais ou por email