Presentación de 'Lourenço, Xograr' en Ourense

Categoría: Nova

O escritor Manuel Portas presentará a súa novela LOURENÇO, XOGRAR, Premio de Novela Manuel García Barros 2015 no bar El Cercano de Ourense e estará acompañado polo crítico literario X. M. Eyré e o director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes. Os tres achegaranse a unha obra na que o autor nos ofrece a historia do pouco coñecido poeta medieval.
No seu día o xurado destacou deste libro a súa contribución "á divulgación da historia e da literatura medieval galegas, por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época".

Comparte nas túas redes sociais ou por email