Presentación da nova novela de María Xosé Queizán en Ourense

Categoría: Nova

A escritora María Xosé Queizán presentará a súa nova novela A BONECA DE BLANCO AMOR o luns 1 de decembro, no Salón Nobre do Liceo de Ourense, nun acto no que estará acompañada polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
A presentación enmárcase dentro dos actos organizados polo Centro Pen de Galicia baixo do título EDUARDO BLANCO AMOR NO 35 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO.
Nas mesmas, que comezarán cunha Ofrenda Floral ás 12 no Cemiterio de San Francisco ao autor d'A Esmorga, celebraranse distintos actos e relatorios nos que participarán persoeiros tan interesantes coma Xesús Alonso Montero, Xavier Vaz, Bieito Iglesias, Damián Villalaín ou Nemesio Barxa, entre outros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email