Presentación da nova novela de Clara do Roxo en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Clara do Roxo presentará a súa nova novela, A MAMÁ QUE PERDEU AS CÓXEGAS o vindeiro luns 16 de marzo ás 20 horas no Café De Catro a Catro. Trátase dunha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que consiga aclarar como é que mamá perdeu as cóxegas. E, sobre todo, por que.

Participarán no acto, ademais da autora, o escritor Amadeo Cobas e o editor Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email