Este domingo, na Alameda compostelana e dentro dos actos da Feira do Libro, presentarase o libro, "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo, que contará coa presenza dos autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo).
Ao longo das páxinas desta publicación, os lectores e lectoras terán oportunidade de viaxar por un tempo histórico "a memoria das cousas, ilustrado con documentos gráficos que contextualizan a biografía do Patriarca. Despois del, ninguén con tanta xustificación e tanta unanimidade recibiu semellante tratamento", tal e como explican a autora e autor do libro.