A película A ESMORGA consegue case 50.000 visionados na rede

Categoría: Nova

A película A ESMORGA, consegue case que 50.000 visionados nos catro días nos que a ofrecimos en aberto.
Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A Esmorga, ofrecemos o filme dous días de balde para contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a AFOUTEZA. O visionado estivo dispoñible na versión orixinal en galego, e con subtítulos en castelán, inglés e francés.
Tras o éxito acadado e a gran demanda, decidimos deixala en aberto durante dous días máis, acadando fabulosos resultados.
Podedes mercar o libro premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email