Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira".
A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en 'Poesía', algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latín, o francés e o alemán.