Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc no Fugas da Voz

Categoría: Nova

Hoxe no suplemento, Fugas, de La Voz de Galicia aparece unha entrevista ao músico Pablo Díaz pola recente saída do seu libro CD Tic Tac Toc, un traballo ilustrado que entra polos ollos e tamén polos oídos, pois é unha proposta musical alegre e educativa.
Pablo Díaz afirma que este terceiro traballo é máis variado porque introduce músicas do mundo, dende un tema brasileiro, outro cubano, ska e unha ampla gama de sons que nos fai viaxar dende Galicia a todo o mundo. Unha interesante entrevista que podedes ler aquí e que anuncia un próximo concerto, o venres 13 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense ás 18.00h.

Comparte nas túas redes sociais ou por email