Os nenos da varíola en Moito Conto

Categoría: Nova


Onte tivo lugar na libraría Moito Conto a prensentación coruñesa de Os nenos da varíola de María Solar. Acompañando á autora nunha sala ateigada de xente, estiveron Antonio López Mariño, Joaquín Pedrido e o seu editor Francisco Castro. A última novela de María Solar, unha xesta científica galega, segue conquistando lectores por toda Galicia.
(As fotografías son de Marcus Fernández)

Comparte nas túas redes sociais ou por email