O alfaiate portugués: minúsculas alfaias literarias.

Categoría: Nova

Francisco Martínez Bouza publica esta semana no Faro da Cultura unha reseña do último libro de relatos curtos de Xavier Senín, O alfaiate portugués: “Un monllo, mais non pequeno, de narracións concentradas ao máximo, moitas delas fermosas como teoremas e  nas que o autor se converte en cronista da realidade, dun tempo vivido, lembrado, escoitado ou soñado”. E engade Martínez Bouza, que na case oralidade da linguaxe, no variado e vivido dos temas, estas son “historias de estrutura moi elemental, pero que na súa sinxeleza, e salvando todas as distancias que sexa necesario salvar, se achegar ás fórmulas literarias consagradas en Cousas por Castelao”.
 
Podes ler a reseña completa aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email