Escoller onde buscar

Os nenos da varíola no Diario Cultural

Categoría: Nova

Os nenos do varíola é a nova novela de María Solar inspirada na historia real dos 22 nenos orfos que en 1803 saíron da Coruña para levar no seu corpo a vacina da varíola a Amércia. Unha das maiores xestas médicas que parte de Galicia e esa é a parte da historia que recrea María Solar na súa obra. No Diario Cultural a autora fala da escrita, dos anos de investigación e tamén do seu interese por falar deses nenos, dos sentimentos… Unha das súas preocupacións foi que a novela non se vise atrapada por todos os datos que coñecía, que mantivese a fluídez sen deixar de ser fiel ao relato histórico.
María Solar confesa que se sentíu superada pola historia real porque hai unha parte que trascende o libro, aquela na que se recupera a memoria dun feito case esquecido. Os nenos da varíola leva semanas sendo o libro máis vendido en Galicia, porque é un relato delicioso que descobre unha parte de nós.
Se queredes escoitar a entrevista completa aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email