Os Cabezombis da Mansión Espello é a primeira novela de Patricia Mallo, a escritora viguesa que se estrea na literatura cun texto de “desenfadada expresión”, como titulan hoxe no “Faro da Cultura” do xornal Faro de Vigo.

A recensión, asinada por María Navarro, pon énfase na “desbordante imaxinación que a escritora canaliza en forma de imaxes sorprendentes”, unha historia chea de personaxes fantásticos, de situacións disparatadas, divertidas, de conflitos emocionais, de condutas enigmáticas e de exotismo, pois o protagonismo foxe “dos convencionalismos da vida cotiá e busca acubillo no exotismo que ofrecen os lugares afastados para desenvolver os seus proxectos vitais”.

Doce episodios con estes ingredientes, cheos de aventuras e de risos “cun estilo metaforicamente gráfico, que busca a expresión distorsionada da realidade, artella Patricia Mallo un texto no que o lector non deixa de sorprenderse: os tempos internos e externos, a mestura de feitos que poden ser veraces con outros irreais e mesmo a relación de comportamentos do máis extravagante ao lado doutros estereotipados converten a novela nunha mostra de enxeño, onde a fición enche o baleiro do sentido co fin de que os receptores pasen un momento agradable”.

Para ler a recensión completa, aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR