Dende hai unhas semanas, están xa visibles pezas audiovisuais, realizadas e montadas por Noel Queipo e por Pilar Peleteiro como Axudante de Realización, protagonizadas por algúns dos autores que publicaron recentemente novidades na nosa Editorial.
Así, podemos escoitar da propia voz de Antón Dobao, Manuel Núñez Singala, Santiago Lopo, Alberto Ramos e Francisco Castro, as súas reflexións arredor dos seus libros, as motivacións que os levaron a escribilos, etc.
Podes clicar na ligazón á dereita destas páxinas para acceder a canle de Galaxia en youtube e visionar as pezas.