A exposición 'Ramón Piñeiro, olladas no futuro' inaugurarase hoxe na cidade de Vigo. O acto celebrarase ás 20 horas no Verbum-Casa das Palabras de Vigo.
Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro, autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas e que pode descargarse por completo dende a ligazón que verás á dereita.
Trátase dunha mostra coa que se propón ao público achegarse á personalidade dun home que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade de Galicia e da dignificación da súa cultura e a quen este ano se dedicou o Día das Letras Galegas. Como director literario da editorial Galaxia, e como mestre de xeracións de novos galeguistas, desenvolveu un labor esencial nos anos anteriores á transición democrática.
Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.
Ramón Piñeiro está considerado como un dos persoeiros máis influentes e decisivos da cultura galega de todos os tempos.