O universo máis persoal de Ánjel Lertxundi en “Ti”

Categoría: Evento

O escritor Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e directos en Ti. Un libro que xa está dispoñible en todas as librarías de Galicia e que amosa, sen concesións e sen arestas, a vida e a morte, tocándose.
Velaquí o universo máis íntimo do autor, unha obra que reflicte a incerteza e o cambio constante que é a vida. Despois de editar en galego, en Editorial Galaxia, títulos de carácter infantil e xuvenil coma Eu tghopezo no eghe, Bícame mon amour ou Felicidade Perfecta, sorpréndenos cun libro completamente diferente.
Unha historia que fai cuestionar os verdadeiros valores polos que se guía o mundo. Que pensariamos se un día calquera, a un ser querido lle diagnostican un letal cancro de páncreas? Iso é o que lle sucede ao protagonista do libro ao que, en xullo de 2012, lle comunican esta dura noticia.
Unha vida que muda por completo onde a doenza, a inseguridade e o medo pasan a ocupalo todo. Un relato baseado na enfermidade e a loita que nos invita a reflexionar sobre que é o verdadeiramente importante na vida.
Lertxundi, nace en Guipúscoa en 1948 e estuda Filosofía e Letras en San Sebastián. Dedícaselle por completo ao ensino e ao xornalismo nos primeiros anos espois de licenciarse. Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Vasca e o seu primeiro presidente. Gañou en 1983 e 1992 o Premio da Crítica de Narrativa en Éuscaro, e o Premio Euskadi de Literaturaen 1999. En 2010 obtivo o Premio Nacional de Ensaio.
Ten máis de 30 obras dirixidas ao público infantil e xunvenil. Todo o seu traballo literario caracterízase por un ton poético e musical que inflúe no canto moderno vasco. Hai tamén na súa literatura unha clara influencia dos escritores suramericanos e do realismo máxico sobre todo nos primeiros momentos, logo a súa obra vai adquirindo un tono máis intimista, de busca interior que se materializa en Ti.

Comparte nas túas redes sociais ou por email