Non todo o mundo che está feito da mesma pasta… E que?
Haiche persoas moi distintas e peculiares, e pode que a algunha pronuncie o erre de forma particular. A diversidade é estupenda e cremos que este libro tamén. E logo?
Nace en Guipuzkoa en 1948 e estuda Filosofía e Letras en San Sebastián. Adícase por completo ao ensino e ao xornalismo nos primeiros anos logo de licenciarse. Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Vasca e o seu primeiro presidente. Gañou en 1983 e 1992 o Premio da Crítica de Narrativa en Éuscaro, e o Premio Euskadi de Literaturaen 1999. En 2010 obtivo o Premio Nacional de Ensaio.
Ten máis de 30 obras dirixidas ao público infantil e xunvenil. Todo o seu traballo literario caracterízase por un tono poético e musical que inflúe no caonto moderno vasco. Hai tamén na súa literatura unha clara influencia dos escritores sudamericanos e do ralismo máxico sobre todo nos primeiro momentos, logo a súa obra vai adquirindo un tono máis intimista, de búsqueda interior.
En 2006 Galaxia edita en galego Felicidade perfecta, unha novela dirixida ao público xuvenil, e en 2009 Bícame mon amour, na colección Árbore 12 anos.