“O século XX mudou a vida dos galegos por completo”: entrevista a Xosé Monteagudo

Categoría: Nova

No último número da revista Tempos Novos vía a luz unha entrevista de César Lorenzo Gil a Xosé Monteagudo a propósito do seu último libro, Todo canto fomos, premio á mellor novela do 2016 na pasada Gala do Libro Galego, e que recibía recentemente tamén o premio San Clamente na súa modalidade en galego.
Entre outras cousas, cando se lle pregunta polo ambicioso do proxecto literario ao querer abranguer case un século de historia a través da coro de personaxes protagonistas, Monteagudo contesta que “Alén dos números redondos, o que me interesaba era falar dun período que modificou por completo a estrutura social, política e económica de Galicia. Até máis ou menos o século XX, a vida dos galegos foi máis ou menos parecida durante cinco séculos mais o cambio que se deu no período do que se fala nesta novela foi total. Eu quería explicar esa transformación”.
Podes descargar a entrevista ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email