O misterio de Portomarín: a exitosa estrea de Antía Yáñez

Categoría: Nova

Estes días, sabiamos da segunda reimpresión en apenas catro meses de O misterio de Portomarín, a primeira novela de Antía Yáñez Rodríguez que non deixa de sumar lectores e que se convertiu nunha das sorpresas da tempada entre as novidades da literatura xuvenil.
O pasado 24 de marzo, O misterio de Portomarín presentábase na Librería Nobel de Burela, ata onde se achegaron veciños e lectores. A autora aproveitou tamén a ocasión para visitar o CEIP Virxe do Carme onde conversou cos rapaces de 3º a 6º de Primaria. A Biblioteca Tartaruga do centro tamén se fixo eco da visita no seu blog.
Non deixes pasar a ocasión de te mergullar nas páxinas desta novela que atrapa!

Comparte nas túas redes sociais ou por email