Dous poemas do último libro de Paula Carballeira, Nunca mascotas, están entre os finalistas dos premios aRi[t]mar ao mellor poema galego do 2016.
“Nunca mascotas” e “Memoria” foron os seleccionados polo xurado de entre os poemas que enchen un libro sobre animais que son máis persoas que as persoas, pero nunca mascotas, un libro sobre o salvaxe da xuventude.
Os premios aRi[t]mar están convocados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e son unha iniciativa que busca dar a coñecer e difundir a poesía e a música de Galicia e Portugal tendendo pontes.
Podes ler os poemas finalistas premendo aquí. E votar polos teus favoritos aquí.