O escritor lucense Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) será o autor homenaxeado no Día das Letras Galega no ano 2016, segundo anunciou a pasada fin de semana a Real Academia Galega (RAG).
A Academia entende que a obra do poeta da Terra Chá, a un tempo excelsa e popular, vai ser un grande aliado na defensa do idioma propio en 2016.
O seu perfil literario está moi vencellado á poesía, mais é tamén autor de obras infantís e xuvenís. Xunto con Celso Emilio Ferreiro, é un dos poetas máis musicados da nosa tradición lírica.
Sen dúbida, o que vén, vai ser un ano cheo de luz con esta magnífica escolla.